O pasado 9 de xaneiro disputouse no anexo dos Remedios o Campionato Galego de wushu. Foron máis de 100 os deportistas de toda Galicia que participaron sendo 18 deles do club Dinamic de Ourense.

 

Dos 18 ourensán, 16 acadaron medalla logrando un total de 27 (13 de ouro, 8 de prata e 6 de bronce).
As notas máis altas tamén foron para os ourensáns. En categoría sénior, Ezequiel Gago, proclamouse campión en tai chi e tai chi con espada, conseguindo unha nota de 9.28, seguido de Brais Ansia, campión en formas de puño e sable de Sur, con 9.25. Estes resultados poden ser un bo agoiro para o Campionato de España que se celebrará en Madrid os días 27 e 28 de febreiro.

Tamén logrou un ouro e unha prata en tai chi, clasificándose para o Nacional, Agar Gago; e Noelia Álvarez, 2 bronces en puño de norte e espada ntre os júnior destacou Carla Álvarez, que quedou campioa en dúas categorías polo que participarán no Campionato de España júnior. Saúl Blanco foi ouro en puño de norte.

Sofía Pérez, ouro e prata en puño de norte e espada e Uxía Rodríguez, ouro e prata en puño de sur e palo foron as mellores referentes en cadetes. E infantil, Adrián González foi prata e Adrián Morales bronce en puño de Norte.

Wushu tradicional
Nesta modalidade a Escola Dinamic tivo a varios deportistas no podio. Laura Libón colgouse dous ouros en tai chi e tai chi con espada; Rafael Rodríguez obtivo un ouro e unha prata en puño de Sur e palo; Gabriel Barroso, prata en puño de Sur; Rodrigo Ribera prata en palo; Marta Rodríguez, prata e Loreto Rodríguez bronce en armas corta.

Outros ourensán
Do Centro Arco de Verín, Juan Rodicio foi ouro en puño de sur e palo, mentres que Lucía Senra, acadou o ouro e a prata en puño de sur e palo.

Nacional
Con estos resultos un gran número de ourensáns participarán no Nacional que será o trampolín para clasificarse para o europeo que se disputará en Moscú (Rusia) a mediados do mes de maio. Co nivel que están a demostrar, os adestradores teñen plena confianza en que moitos deles lograrán o billete a Moscú.