O corredor do Academia Postal – Actyon, Iván Feijoo, proclamouse subcampión de España de ciclocross. A proba disputada Torrelavega (Cantabria) supón un novo éxito para o ourensán que no seu primeiro ano como júnior ostenta, entre outros, o título de campión da Copa de España de ciclocross.

Feijoo estivo nos primeiros postos en todo momento. Sempre por detrás do seu máximo rival, á postre campión, o vasco Jokin Alberdi, realizou unha gran carreira na que por momentos achegábase a Alberdi. Ao final algo máis de medio minuto separaron ao ourensán da primeira posición. En terceiro lugar chegaría Jofre Cullell.

Na mesma categoría, Abel Franco foi 28º e 31º, Román Sáa. Pola súa banda, Antía Martínez logrou a novena posición en cadete feminino.

Con este resultado o ciclista de Allariz pertencente ao CC Maceda ten moitas posibilidades de ser convocado para o Mundial, algo que podería ser o broche de ouro a esta tempada.

Carlos Canal
Na categoría cadete, a mala sorte fixo que Carlos Canal tivérase que conformar coa quinta posición. O ourensán sufriu unha caída cando marchaba líder da carreira. A pesar do imfortunio, un gran resultado para este corredor que participa esta tempada por primeira vez na categoría cadete.