Luis González traballou anteriormente nos cárceres de Castellón e Ocaña.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu este venres no seu despacho a Luis González Crego, novo director do centro penitenciario ourensán de Pereiro de Aguiar desde  o pasado mes de decembro.

Luis González, natural de Salamanca,  desempeñou cargos de administrador no cárcere de Castellón 2 e de subdirector de seguridade na prisión de Ocaña 2.

Durante o encontro, o responsable da prisión ourensá trasladou á delegada territorial os seus proxectos e as liñas básicas da súa xestión, ao tempo que Díaz Mouteira brindoulle  a máxima colaboración da administración autonómica en relación co centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de reunións que Marisol Díaz está a celebrar cos principais representantes das entidades ourensás desde que o pasado mes de outubro tomou posesión como nova responsable da Xunta na provincia ourensá.