Este venres 22 de xaneiro, a partir das 17 horas.

O venres, de 17:00 a 18.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa “O tigre que perdeu as raias”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Devandita actividade está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre fauna a melancolía e a amizade, así mesmo tamén se realizará unha manualidade que será, por suposto, un tigre con raias. A actividade será coordinada por voluntarios, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 413 624.