Para recadar fondos para financiar os festexos.
O Concello de Verín acaba de o público a súa tenda oficial do Entroido situada na praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos.
Na tenda, que abrirá en horario de 12 a 14 e de 17 a 21 horas, veciños e visitantes poderán adquirir suadeiras, camisetas, panos, mochilas e cuncas, produtos todos eles serigrafíados co emblema identificativo do Entroido de Verín 2016, “Entroido Verín. Deixa Pegada”. Os prezos oscilan entre os 3 e os 16 euros.
O programa do carnaval verinés será presentado oficialmente este venres 22 de xaneiro. Tamén se presentará a renovada web, www.carnavaldeverin.com onde os internautas poderán informarse de todos os detalles da festa.
Conferencia “O Entroido e a figura do Cigarrón”
Relacionado co entroido, o vindeiro martes 26 de xaneiro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín acollerá a conferencia “O Entroido e a figura do Cigarrón”, a cargo de José Rodríguez Cruz e Miguel Losada. Na conferencia , os etnógrafos falarán sobre a figura do cigarrón, o seu significado e contexto con respecto aos demais entroidos da Península Ibérica.