Ata o día 4 de febreiro está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no desfile do martes.
Allariz celebra, do 8 ao 10 de febreiro, a tradicional Festa do Entroido con actividades para pequenos e maiores.
O Entroido en Allariz comeza o luns 8, ás17 horas, coa Festa Infantil amenizada por un DJ e a Batucada Infantil. E para os máis maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza, como xa é habitual, a Cachuchada a partir das 21:30 horas no Campo da Barreira.
O martes, desfilan as comparsas, co acompañamento musical da charanga Europa de Ourense e a Batucada Axóuxere de Allariz. Ás 17:30 as comparsas darán saída dende o colexio Padre Feijóo ata o Pavillón do Instituto onde se celebrará o Baile de Entroido amenizado por un DJ.
Para despedir o Entroido, o mércores terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00h dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.
Concurso de Comparsas
Ata o día 4 de febreiro está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no desfile do martes. A orixinalidade, a elaboración, a escenificación do disfrace e o acompañamento musical son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas. As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar os seguintes premios: 200 euros, 150 euros, 100 euros e 50 euros para os catro primeiros clasificados.
Para inscribirse os interesados poden facelo na Casa da Cultura, no 988 440 859 e en cultura@allariz.com.