O COB (Ourense Provincia Termal) non puido co Oviedo no Pazo e caeu por 65 a 69 nun partido, que salvo o arreón final, non estivo cómodo en ningún momento.
Os homes de Gonzalo García de Vitoria comezaron o partido por diante no marcador, porén foi un espellismo. Un mal partido dos ourensáns condearon a un equipo que non estivo acertado durante todo o encontro.
No terceiro cuarto perdía por 15 puntos. Pero o empuxe da grada unido a un equipo que nunca se rende deu como resultado que o COB achegárase ao electrónico.
{gallery}stories/baloncesto/20160125_coboviedo{/gallery}
Cando un equipo remonta tantos puntos pero non é capaz de lograr poñerse por diante, o paga. E iso foi o que lle pasou ao COB. En sete ataques tivo a posibilidade de empatar ou situarse por enriba do Oviedo e nos sete o desaproveitou. Como recoñecía Gonzalo García de Vitoria máis tarde en rolda de prensa, «nos últimos dous minutos de encontro equivocámonos en todas as decisións».
Esas decisións desacertadas fixeron facer tiros en situacións nada favorables aos locais. Ademais hai que engadir que baixo o aro non estivo acertado Kyle Rowley nunha xogada, o aro fíxoselle pequeno cando dispoñíase a lanzar; Rejón viu un pasillo e non se atreveu a penetrar, e así ata cinco ataques máis que o ataque cobista desaproveitou.
Se a isto engadimos que Rivero non tivo o seu día, que Kapelan foi moi intermitente e que se anotaron tres triplas (de 18 intentos) en todo o partido fixo que o resultado final fóra negativo para o conxunto ourensán.