Según a información do SEPE, no 93 % dos concellos da provincia durante 2015 creouse emprego.
A CIG discrepa con esta conclusión optimista que consideran “propagandística e que non se axusta a realidade”, porque nos datos aos que se refire, reflexa o número de traballadores inscritos como parados nas oficinas de emprego sen ter en consideración a perda de poboación que se produce nos distintos concellos, o aumento da emigración de mozos e o número de xubilacións. “Polo que estáse perdendo poboación activa e ocupada”, conclúen. Tamén son factores a ter en conta, o aumento de contratos temporais -que provoca unha rotación no emprego- e colectivos de parados que deixan de figurar nas estadísticas do SEPE por considerar inoperativas para conseguir emprego a través das oficinas .
Segundo o sindicato, a situación real da provincia con respecto ao emprego reflicte que “continua avanzando ate a desertización total, pois os sectores chave como a construción e a industria están esmorecendo e non se está creando emprego ou no menor dos casos estáse substituíndo o fixo por temporal”.
Por isto, demandan á Xunta un Plan de Desenvolvemento Industrial que contemple o peche de ciclos produtivos da materia prima da provincia e un Plan de Dinamización do Sector Agrario que reactive este sector, e que impida a despoboación das zonas rurais.