O Concello de Allariz procederá ata o 1 de abril, ao cobro dos recibos do imposto de vehículos de tracción mecánica e da taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo.

O Concello de Allariz comeza o 1 de febreiro a cobrar o imposto de vehículos de tracción mecánica e a taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes ao ano 2016. Os interesados poden consultar o contido das listas cobratorias na pranta baixa da Casa do Concello en horario de oficina de 9:00h a 14:00h de luns a venres.

Os que teñan o pago dos recibos domiciliados nun banco ou caixa de aforros recibirán no seu domicilio o correspondente xustificante bancario do seu pagamento. Mentres que os que non teñan os recibos domiciliados recibirán no seu domicilio os recibos que deberán presentar nalgunha entidade bancaria das que neles se citan. Tamén poderá abonarse o imposto a través de internet na páxina web: www.allariz.com/tributos.

Os recibos non aboados no período de pago voluntario incorrerán nunha recarga do 5%, 10%, 20%, segundo proceda.