O  sábado día 30, ás 16:00 horas, a Residencia Santa María, celebrarará o seu Corredoiro dos Maiores.

 

Será unha festa de desfraces organizada pola Residencia de Ancians Santa María coa colaboración do Concello de Verín, que estará amenizadá polo Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

O obxectivo desta iniciativa é que as persoas que participaron activamente dos carnavais nos seus anos de mocidade e vida adulta e agora están separados das súas familias e dos espazos de relación máis significativos nas súas biografías, manteñan viva a calor destes festexos populares e se sigan integrando neles, máis alá das súas limitacións persoais. A animación musical da xornada correrá a cargo da Banda do Conservatorio de Verín, que interpretará un repertorio composto por medio centenar de temas bailables variados que bandas populares e orquestras de verbena popularizaron na segunda metade do pasado século.

A Residencia de Anciáns Santa María acolle a 170 persoas maiores de 60 anos, entre válidos e asistidos, das que unha parte carece de recursos económicos. Está xestionada polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados, congregación relixiosa que cumpriu 141 anos o pasado 27 de xaneiro. En Verín prestan servizos desde 1919, cando abriron o Asilo da avenida Luis Espada. O ano 1972 trasladáronse á estrada de Laza, para a residencia que a orde construíu entre Verín e O Salgueiro e na que desenvolven actualmente as súas actividades.