Reclámanlle que igual que ten en conta esta resolución, fago o mesmo co informe do Comité de Ética do organismo provincial e dea explicacións.
O Grupo Provincial Socialista, ante a resolución da Valedora do Pobo, sobre o acceso aos Plenos da Deputación, amosa o seu respecto pola mesma, aínda que non sexa vencellante, pero segue “sen compartir que se respalde a Baltar e aos seus deputados, que crearon un problema onde non existía.” Do mesmo xeito, xa que Baltar, ten en conta este informe, recoméndanlle que “teña, tamén, en conta o informe do Comité de Ética da propia Deputación, que o instaba a dar explicacións e lle esixía a asunción de responsabilidades políticas”. “O presidente da Deputación non pode dar leccións de nada, destacan os socialistas, e moito menos de ética política; xa que se parapetou na institución, facéndoa súa e poñéndoa ao servizo dos seus intereses”, insisten.
Os socialistas destacan que o acceso aos plenos sempre foi libre e aberto a todos os cidadáns da provincia e “Baltar e os seus discípulos, crearon un problema para salvagardar os seus propios intereses e non dar a cara nun asunto tan delicado que esixía que o presidente asumira a súa responsabilidade e marchara para a casa”, aseguran.
Ao mesmo tempo, dende o PSOE recordan que “aínda que partira de nós a iniciativa, agora temos que aturar que digan que non a temos, entre outras moitas contradicións nas que entran, saben que quedáramos de pasar a nosa proposta para ese Regulamento de acceso, pero seguimos opinando que non é preciso, posto que seguimos crendo que o acceso ten que ser libre”.