A pasada fin de semana celebrouse en Vigo o II torneo Lanzalia de boxeo organizado por por Rebouras Boxeo.
Por parte ourensá participaron varios deportistas do club olimpo’s dirixidos por Manu Miguez «Junior» e José Luis Silva. As probas nas que participaron os ourensáns foron as de comba, sombra, saco e manopla, logrando un total de tres medallas.
En categoría de 6-7 anos, Cristiano acadou a segunda posición; en categoría de 8-9 tras un empate no segundo posto Aldara tívose que conformar coa terceira posición. E en categoría de 12-13 anos, Xulio acadou un segundo posto moi traballado nunha categoría moi complicada e cun altísimo nivel.