A inminente reparación da pasarela do Barbaña, o anuncio do proxecto da estación intermodal de Ourense para abril e unha entrevista á concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, imaxes de portada do número de febreiro de Ourense por Barrios.
No interior, informamos da reprobación do alcalde de Ourense, do anuncio da construción dun centro interxeracional en Mariñamansa, da comisión de investigación que se creará sobre o matadoiro municipal ou da problemática dos contedores soterrados. A ampliación da Escola Oficial de Idiomas, a próxima Mostra da Oportunidade, a nova programación de Ociourense 2016 ou o Festival Pórtico do Paraíso tamén están entre os nosos contidos.
Unha entrevista co cantautor Yomelo Montosolo, as imaxes dos entroidos de Ourense e Barbadás, os artigos dos nosos colaboradores e a actualidade deportiva son outros dos contidos deste número.
Podes consultar Ourense por Barrios de febreiro no seguinte enlace.