A infraestutura prevé atender no primeiro exercicio 5.000 vehículos.

A nova ITV do Carballiño,  para finais de ano

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, salientou no Carballiño que a nova ITV que estará activa na localidade a finais de 2016 contribuirá á seguridade vial e ao respecto ao medio ambiente no parque móbil galego, chegando ás 14.000 inspeccións anuais de vehículos no 2020.

Nun encontro no que tamén participou o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega,  o presidente de Supervisión y Control, Amador de Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, Bernardo Tahoces sinalou que con esta infraestrutura, que suma un investimento de preto dun millón de euros, se melloran os servizos que se prestan aos cidadáns.

A nova estación fixa do Carballiño, que contará cunha liña de inspección, prevé iniciar a súa actividade atendendo, no primeiro exercicio, arredor de 5.000 vehículos. Unha cifra que se ampliará progresivamente ata acadar as 14.000 inspeccións anuais no ano 2020.

Grazas á nova infraestrutura, os cidadáns verán reducidas as distancias a percorrer para pasar as inspeccións técnicas dos seus automóbiles, así como os tempos de espera. Ademais, a estación supón tamén unha oportunidade impulso da economía local, permitindo a creación de 4 postos de traballo.

Así, e trala finalización dos traballos nesta e noutras dúas estacións, Galicia disporá de 26 estacións fixas, 10 móbiles e 88 liñas de inspección.