A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz abre o prazo de inscricións para o campamento de verán “Rural Camp” no que participan anualmente nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos.
Haberá tres quendas, segundo as idades dos participantes, de sete días cada unha, durante o mes de xullo. Os rapaces estarán e contacto co mundo rural e coa natureza a través de xogos, actividades de lecer, excursións e obradoiros.
O prezo de cada campamento é de 205 euros e as inscricións poden realizarse en info@fundacionrgf.org ou no teléfono 988 436 182.