A celebración do Lázaro en Verín, a terapia con burros que desenvolve a asociación ANDREA en Celanova e unha entrevista ao escritor, natural de Celanova, Carlos Montero, son as imaxes de portada do número de marzo da publicación Barrios.
No interior do periódico, recollemos os datos do último informe do Observatorio Económico Ourensán para as comarcas de Verín e Celanova. Tamén informamos de que a Xunta executará este verán obras de mellora do firme da OU-301 ao seu paso por Baltar e Porqueira. Ademais, o Concello de Celanova saca a licitación tres postos da Praza de Abastos e valora a xestión do futuro restaurante do recinto.
E en Allariz presentaron un amplo programa de actividades para a súa Semana Santa ao Vivo, mentres que en Oímbra recuperan a súa Semana Santa máis tradicional.
Asemade, damos conta dos resultados da «extrema» de Allariz e das catro propostas deportivas do Lázaro en Verín, e adiantamos os eventos deportivos (carreiras, andainas,torneo de fútbol sala e hípica) de próximas datas.
Todo isto e máis podes consultalo no seguinte enlace.