O Centro de Interpretación de Parques Naturais, os contenedores soterrados e as futuras obras da Praza de Abastos nº 1 foron os temas tratados na última xunta de portavoces do Concello de Ourense.
No tocante ao Centro Interpretación, “proxecto mal plantexado dende un inicio porque se prometeu algo para que o que logo se incumpriron todos os prazos”, valorou o portavoz do goberno, José Araújo, os voceiros municipais tiveron acceso a un informe da Xunta sobre esta infraestrutura. Nel queda constancia que foi o Ministerio de Medio Ambiente quen decidiu, o 30 de novembro de 2011, (aínda en etapa do anterior Goberno socialista) a paralización da obra.
Desde Democracia Ourensana e o Partido Socialista criticaron a posibilidade que deixou caer o rexedor de tirar o edificio en vez de construír un muro necesario por estar ubicada a infraestrutura en zona inundable pero que non estaba orzamentado nun principio. » Non son solucións que poidamos aceptar», recalcou o socialista José Ángel Vázquez Barquero. Máis duro foi Gonzalo Jácome, que acusou a Vázquez Abad de ser «tremendamente dócil con los gobiernos de Madrid y Santiago; no era capaz ni siquiera de pedir un muro para ese edificio, él ya quería chimpar el edificio para no pedir inversiones». Desde Ourense en Común, a Martiño Xosé Vázquez parécelle «un despropósito» calquera das dúas solucións.
Sen acordo sobre os contedores
No que respecta aos contenedores soterrados, o portavoz do Goberno municipal sinalou que o informe da auditoría dá un prezo de referencia para sacar unha licitación para tres opcións: arranxalos, cambialos ou clausuralos. Ourense en Común clarificou a súa postura, apostando pola súa clausura e aplicar outro modelo de xestión do lixo.
Tanto DO como PSOE deixaron en mans do PP a decisión final, por ser quen está gobernando. «Lo que es un marrón y una mierda quiere que nosostros nos involucremos para la responsabilidad diluirla… nosotros no tenemos que llegar a ningún acuedo», explicábase Gonzalo Jácome. Na mesma liña, Barquero recordaba: «o goberno ten que gobernar, nós non somos os que gobernamos, é o PP, non somos nin os socios de goberno nin o goberno na sombra, somos a oposición».
Desde o PP, Araújo manifestou que é necesario adoptar un posicionamento claro, xa que é precisa unha modificación de crédito para acometer calquera das posibilidades enriba da mesa e dar cumprimento así a unha das mocións aprobadas no pasado pleno municipal.
Comisión de seguimento das obras da Praza de Abastos nº1
Por último, deuse conta das xestións realizadas con respecto as obras da Praza de Abastos, para conseguir un aprazamento nas obras, feito que confirmou o Ministerio de Fomento mediante unha carta remitida ao Concello. O alcalde manifestoulle aos líderes da oposición que se creará unha comisión de seguimento destas obras, tanto da execución dos traballos como da reubicación dos praceiros mentres dure a actuación, que comezará este ano 2016. Responde así a unha solicitude feita polo PSOE á que se sumou OUeC.