O Pleno do Concello de Manzaneda acordou a aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora do Bautismo Civil ou Cerimonia de Benvida Social ao concello convertíndose no primeiro concello da provincia de Ourense en ofrecer unha regulación sobre os actos laicos de benvida á
comunidade.
O bautismo civil, laico ou republicano , non é máis que un acto de benvenida á comunidade dun novo membro, que adquiere unha serie de obrigas e dereitos. A cerimonia civil de outorgamento da carta de cidadanía compromete a pais, padriños ou titores a defender os dereitos da/o pequena/o. Esta cerimonia está pensada para nenas/os ata os 6 anos. Posteriormente á cerimonia, como en calquera outra celebración, pódese realizar un xantar, cea ou celebración similar, e danse agasallos á crianza.
O bautismo civil, tamén denominado laico ou republicano, foi creado en Francia, en tempos da República, para contrapor ao acto relixioso un de carácter civil. Esta actitude, foi a orixe do bautismo civil (Estrasburgo, 1970).
Noutros concellos galegos xa existe o bautismo civil: Guitiriz, Marín, Redondela e Oleiros que foi o pioneiro en Galiza en 2008. En Ourense, de momento, non existe en ningún e será Manzaneda, o concello que goberna David Rodríguez de Anova, o primeiro concello que regula esta cerimonia.
A ordenanza foi publicada xa no Boletín Oficial da provincia de Ourense para sometela ao oportuno trámite de información pública durante 30 días momento no que, se non hai ningunha alegación, consideraríase que está aprobada definitivamente.