Alex Montero logra a mínima para competicións internacionais.

O sábado 19 de marzo, a pista de atletismo do Campus de Ourense acolleu por quinto ano consecutivo o Campionato de Galicia de 10.000 metros en pista, V Trofeo CD Aurum.

Antes do plato forte celebráronse varias carreiras de promoción na que os atletas de categorías escolares foron os protagonistas. Logo chegaría a primeira na carreira na que había que completar 25 voltas ao tartán do Campus. Nesta carreira o primeiro foi Julián Romero (Ourense Atletismo) cun tempo de 35 minutos e 42 segundos. Segundo e terceiro serían Albino Fernández (Atletismo Arenteiro) e Daniel Valentín (Ourense Atletismo) cun tempo de 35:47 e 35:53, respectivamente.

Galego
A primeira proba do Campionato de Galicia foi a feminina. A ourensá Iria Fernández (ADAS O Barco) colleu a primeira posición nos primeiros metros e xa non a soltaría ata o final. Fernández lograba unha marca de 38:45 minutos para proclamarse campioa galega da distancia.

Soledad Castro (Comesaña) entraría en meta na segunda posición (39:47) e María Luz Ferreiro (Ourenrunning) remataba terceira (42:34).

Chegaba a última das carreiras e con ela o diluvio universal. Se durante toda a xornada parecía unha tarde primaveral todo mudou en canto comezou a carreira masculina. Unha forte choiva, acompañada de granizo durante varios minutos, foron os imprevistos actores secundarios da carreira.

Se nos centramos na proba, dous eran os focos de atención. Por unha banda saber quen se alzaría co cetro autonómico, e pola outra saber se Alejandro Montero era capaz de acadar a mínima esixida para poder participar en vindeiros campionatos internacionais.

A primeira das incógnitas despexouse de seguido. O atleta ourensán, Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) impuxo un ritmo que ningún dos seus rivais foi capaz de seguir. A pesar do granizo Diz voaba sobre a pista universitaria ata completar os 10 quilómetros nun tempo de 31:19 minutos; excepcional debido ás condicións que tiveron que soportar durante a maioría das voltas.

Roberto Rubén Jiménez (CA La Blanca) proclamouse subcampión cun tempo de 32:31 minutos e Víctor Xosé González (Comesaña) foi terceiro -32:36-.

Montero
A segunda das incógnitas resolvíase minutos despois. Alex Montero (Ourense Atletismo) tiña ante si o reto baixar de 35 minutos e 30 segundos para lograr a mínima que lle permita -seleccionador mediante- acudir ás vindeiras citas internacionais en atletismo para discapacitados.
Montero contou coa inestimable colaboración de Cristian Díaz (S.G. Pontevedra), quen marcou o ritmo do atleta do Ourense Atletismo durante toda a carreira.

Caían as voltas ao compás do augacento. Os xuíces a pé de pista marcaban as voltas en papel -literalmente- mollado. Os afeccionados resguardabanse baixo os paraugas ou baixo a cornixa do edificio colindante, pero ningúen se movería ata que Alex chegara a meta, animándoo en cada paso pola recta de meta. O seu adestrador -Alfredo- o alentaba a cada volta. Quedaba unha volta (400 metros), a choiva retirabase coma se dun rival derrotado se tratara.

Alex Montero paraba o crono nuns fantásticos 35 minutos e 15 segundos. O obxectivo estaba cumplido. Agora falta que o seleccionador o elixa para que f orme parte da expedición española en citas máis aló das nosas fronteiras. O que é seguro é que estará no Campionato de España de Almería. Meréceo.