A Deputación de Ourense promove o programa “Ourense Líder”, unha iniciativa do goberno provincial que ten como finalidade impulsar as prácticas laborais de universitarios ourensáns en empresas e institucións de Estados Unidos para favorecer a formación de xóvenes emprendedores ourensáns e contribuír ao desenvolvemento das súas calidades de liderado.
O programa ten como obxectivo a formación de xóvenes emprendedores no ámbito do liderado profesional en sectores como economía, humanidades, xornalismo, administración e ciencias políticas, dereito, saúde e relacións internacionais. Neste sentido, a Deputación destina no seus orzamentos de 2016 un total 100.000 euros para este programa, que permitirá aos primeiros bolseiros iniciar a súa formación e prácticas laborais no último trimestre deste ano en empresas e organismos dos máis importantes do mundo, situados nos Estados Unidos.
A Deputación de Ourense leva a cabo o programa en colaboración coa Fundación Advanced Leadership, explicou Manuel Baltar, quen afirmou que xa informou desta iniciativa a directivos das empresas ourensáns líderes nos seus respectivos sectores, así como á Universidade de Vigo.
Esta iniciativa do goberno provincial contempla unha estancia de cinco meses en Estados Unidos realizando prácticas profesionais en empresas pertencentes a Forbes 500, organizacións gubernamentais e institucións sen fins de lucro. O programa inclúe o aloxamento dos participantes en residencias para xóvenes profesionais, con outros estudantes procedentes doutras partes do mundo. As prácticas profesionais estarían acompañadas de seminarios e cursos de liderado e integración cultural.
O programa está dirixido a xóvenes titulados universitarios menores de 29 anos, con dotes de liderado, que estean empadroados na provincia de Ourense e que teñan aló menos un nivel “Advanced” de inglés ou máis de 600 puntos na proba estandarizada escrita TOEFL, do idioma inglés. O programa encargarase dos trámites de visados de traballo nos Estados Unidos, seguro médico, cursos académicos, xestión de prácticas profesionais e temas relacionados coa viaxe e o aloxamento.