Será o domingo 3 de abril e conta cun percorrido de preto de 20 quilómetros.

O vindeiro domingo 3 de abril terá lugar a andaina ‘Ruta dos Carros. Subida ó Pozo do Demo’, organizada polo Concello de Verín e Asociación de sendeirismo Ruta das Augas.

A andaina, cunha distancia de 19,800 quilómetros, percorrerá a ‘Ruta dos Carros’, unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós), rehabilitadas polos alumnos dos módulos de xardinería e carpintería dos obradoiros de emprego ‘Pozo do Demo’. Os participantes recibirán avituallamento e pinchos.

A saída será ás 9.30 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes (R/Irmáns Moreno s/n), e para participar nesta andaina é necesario inscribirse antes do 1 de abril en Multisport Verín (R/Irmáns Moreno 19, no correo buzon@multisport.es ou nos teléfonos 988 414 423 e 600 410 018). O custe da inscrición será de 2 euros.

Na Andaina ‘Ruta dos Carros. Subida ó Pozo do Demo’” colaboran a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Saudeter, Cruz Vermella, Protección Civil, Cadena COPE, BTT Verín, Club Ciclista Verín, Os Trotamoteiros, Mariaje García (Tiras Neuromusculares y Masaje Deportivo), Senderistas de Monterrei. E os patrocinadores da mesma son: Augas de Cabreiroá, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), Denominacion de Orixe de Monterrei, GADIS, HortoVerín S.L., Multisport Verín, Hi-Tec e Coca-Cola.