Por terceiro ano consecutivo o club Salvamento Acuático Ourense SALVOUR organiza este evento. Está competición está dirixida a todos os deportistas ourensáns con licenza en vigor neste deporte, nesta tempada son máis de 60 os participantes.
A Copa Deputación componse de catro xornadas, esta primeira especializada nas probas de obstáculos: 50 metros, 100 metros e 200 metros en función das categorías, tamén se realizarán as substitucións de 4×50 obstáculos e o lanzamento de corda.
As outras xornadas serán: na segunda (no mes de maio) estará dedicada ás probas de rescate con aletas; a terceira xornada, que se desenvolverá en xuño, estará dedicada ás probas de rescate de maniquí e a cuarta, a finais de xuño, será o colofón da tempada para a maioría dos nenos e nenas da escola de iniciación deportiva de salvamento SALVOUR, estará dedicada á proba de 100 metros socorrista.
Nesta xornada final farase entrega dos premios aos deportistas vencedores. Para iso sumaranse os puntos obtidos en cada xornada por cada deportista e farase entrega de medallas ao tres mellores en cada categoría e trofeo á mellor deportista e ao mellor deportista. As categorías participantes son, benjamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, senior e máster.