Publicado Ourense por Barrios de marzo

O inicio das tan agardadas obras na rúa Concello e a apertura do Centro de Coñecemento La Molinera son as imaxes da portada do número de marzo de Ourense por Barrios.

No interior da publicación entrevistamos á concelleira de Recursos Humanos e Seguridade Cidadá, Flora Moure, e a Saúl Mallo, xerente de Inmobiliarias Ourense, que repasa como está o sector na cidade.


Ademais, informamos de que se creará unha comisión de seguimento das obras na Praza de Abastos nº 1 de Ourense, de que se mellorará a seguridade vial da estrada da Granxa coa colocación de tres glorietas e un paso elevado, de como se tratou no pleno o conflicto laboral en Linorsa, e da posta en marcha da Escola de Familias de Barbadás.

Outros contidos son o especial sobre celebracións, as imaxes do mes, a programación da 21ª MITEU, ou a vitoria do Ourense Envialia na Copa Xunta.

Todo isto e moito máis, podes consultalo no seguinte enlace.