A aula de espera de Allariz abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2016-2017. A matrícula débese formalizar no Fogar dos Maiores de Allariz antes do día 30 de abril.
A aula de espera é unha iniciativa que favorece a conciliación familiar e laboral, ofrecendo atención á infancia para proporcionarlle ós pais e nais traballadores a posibilidade de deixar ós escolares de educación infantil e primaria no centro, con anterioridade ó inicio das clases.
Os beneficiarios deste servizo municipal son os nenos e nenas escolarizados en Allariz cunha idade de 3 a 11 anos, que comprende o período escolar de 1º de educación infantil a 6º de educación primaria.
Os interesados en recibir información ou inscribirse poden facelo no Fogar dos Maiores ou no 988 554 059.