Este sábado ás 17 horas no campo de Alban o conxunto masculino visita ao Coles. Unha vitoria para os de Dacosta deixaría a tiro de pedra o ascenso. De gañar xa estarían -en caso de vitoria nesta xornada do Arnoia e o Santa Teresita- a dúas xornadas sempre que acadaran os seis puntos.
O Coles é décimo quinto con 23 puntos. Inmerso na loita pola permanencia buscarán sacar algo positivo contra un equipo en racha.
UD Ourense
O equipo feminino de Segunda Galega xógase esta xornada o ascenso. Enfronte estará o terceiro clasificado, o Rácing Vilariño; o encontro terá lugar en Velle o domingo a partir das 12 horas. De acadar os tres puntos, as pupilas de Rubén García deixaría ao terceiro clasificado a 10 puntos.
Desde o club piden á afección que acudan a Velle a animar ao equipo nun dos partidos máis importantes da tempada.
A entrada é de balde e sortearase para este encontro, entre os que adquiran algunha rifa, unha estancia dunha noite para dúas persoas nalgún dos balnearios Caldaria (Laias, Arnoia ou Lobios) con xantar e tratamentos termais.
Barbará
Para este encontro Rubén García poderá contar coa porteira Barbará, fichada do Amoeiro de fútbol sala e que suplirá as baixas de Sara e Raquel (ambas lesionadas).
Para a xogadora é unha presión extra o debutar nun encontro no que non se xogan tanto. A porteira chega coa intención de botar unha man no obxectivo do ascenso.