Amigos da Terra, xunto cos colectivos A Galleira, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Silvardeiras, Sustinea e Xurumelxs. Tras tres anos sin contar con esta actividade, retomamos unhas xornadas nas que poderemos gozar dunha chea de actividades, desde visitas a produtoras de agricultura ecolóxica ata cine, obradoiros, palestras informativas ata roteiros, accións de rúa, petiscadas e concertos.
Entre os anos 2006 e 2012, Amigos da Terra participou, xunto con outros moitos colectivos da cidade, no deseño e organización das Xornadas de Agroecoloxía en Ourense, que permitiron achegar á cidadanía ourensá outros modelos de vida máis acordes coa sustentabilidade, a xustiza social e a solidariedade. Conceptos como cooperativismo, bioconstrución, decrecemento, ecoaldeas ou grupos de consumo sustentable, foron tratados ao longo dos anos nestas xornadas.
Programa
O programa desta actividade inclúe o domingo 3 de abril unha visita ao proxecto agroecolóxico Fóra da Linde e Conversa na Horta: Vivir a autoxestión; e un xantar vexetariano ó rematar.
O luns 4 será o momento da conferencia «Violacións dos dereitos humanos, deforestación e «donuts». O caso da industria do aceite de palma» a cargo de Víctor Barro, na cafetería Moucho ás 20 horas.
O martes 5 proxectarase ás 20 horas o documental “Isto o cambia todo”, no salón de actos da biblioteca pública de Ourense.
O mércores 6 de 18 a 20 horas terá lugar un obradoiro de cociña e alimentación consciente e sustentable.
O xoves, ás 20 horas no Ateneo, impartirase a conferencia «Cooperativas Enerxéticas en Galicia: transformando o sistema enerxético desde a base» a cargo de representantes de Nosa Enerxía e Som Energía.
O venres, ás 20 horas no local de A Galleira, será o momento da charla «Soberanía alimentaria: a ameaza do TTIP para Galiza» con Manuel Dacal da FRUGA – Federación Rural Galega.
E o sábado 9 de abril rematará esta iniciativa cun paseo entre as Burgas e a Horta da Terra (ás 11 horas), a conferencia “Acción de rúa contra o Glifosato” (ás 20 horas na Praza do Ferro); e a celebración de 21 a 24 horas do X Aniversario de Semente, primeiro grupo de consumo responsable da cidade de Ourense, que inclúe unha petiscada ecolóxia e os conertos de «Ukelería» e «O Sonoro Maxín”.
Os interesados en recibir máis información poden dirixirse a Amigos da Terra, no teléfono 988 374 318, ou en info@amigosdaterra.net e www.amigosdaterra.net.