A pasada fin de semana disputouse no concello da Estrada o Torneo Ibérico de fútbol gaélico, no que se deron cita os equipos galegos. Os equipos buscaban o pase ao Campionato final en Madrid, así como a clasificación para a Copa a disputar en Valencia.
En canto ao cadro feminino, non puido revalidar o cuarto posto obtivo na Coruña. Finalmente conformáronse coa sétima posición. Para as xogadoras sabe a pouco debido aos bos resultados das últimas semanas.
Pola parte dos rapaces, melloría en xogo e resultados do equipo masculino, quedando oitavo na competición, e competindo con rivais de división superior.
Bo camiño
Pouco a pouco, os equipos do Auriense aséntanse na competición e poden competir e obter resultados positivos con todos os equipos galegos, pese a ser o primeiro ano que xogan.