O Concelllo de Manzaneda organiza a vindeira fin de semana o primeiro Congreso Galego de Neve e Montaña. O congreso terá lugar os próximos 9 e 10 de abril na Estación de Montaña co obxectivo de abordar de maneira multidisciplinar a problemática das actividades deportivas, pero tamén laborais e económicas, desenvolvidas nas zonas de montaña nas que é frecuente a presenza de neve.
Así, o Congreso Galego, a través da participación directa e o debate, pretende coordinar aqueles sectores e persoas relacionados de algunha maneira co mundo da neve e da montaña.
Na presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do noso destino.
Neste senso, Nava Castro afirmou que o feito de contar na nosa comunidade cunha estación de montaña enriquece a oferta turística de Galicia e consolida o noso destino como un modelo sostible. “A Estación de Manzaneda constitúe un recurso con enorme potencialidade que está contribuíndo a afianzar o posicionamento de Galicia como destino turístico diferencial e impulsando a desestacionalización da demanda”, afirmou.
A responsable de Turismo da Xunta sinalou que a Estación de Montaña de Manzaneda é unha prioridade para Turismo de Galicia. “Apostamos por este recurso xa que creemos no seu gran potencialidade e por iso traballamos a prol da súa potenciación y promoción”, explicou.
Ademais, Castro destacou que o Concello de Manzaneda, “pioneiro no fomento da formación e desenvolvemento turístico sostible”, está a contribuír a acadar este reto. Así mesmo, Nava Castro sinalou que é fundamental que as empresas e profesionais do sector traballen tamén en base a este modelo de protección dos recursos.