O sábado 9 durante todo o día disputarase no pavillón dos Remedios (cancha central e anexo) a sexta edición do Torneo Internacional de balonmán veterano «Cidade de Ourense».
Este torneo o disputarán oito equipos de Madrid, Avilés, Aveiro (Portugal), Lalín, Zamora, Valladolid e o equipo anfitrión (Veteranos Ourense).
Os oito equipos dividiranse en dous grupos de catro xogando todos contra todos. Unha vez rematada a fase de grupos disputaranse os encontros para coñecer a clasificación final.
Así os cuartos de cada grupo xogarán entre si para dilucidar o oitavo e sétimo clasificado; os terceiros xogarán polo quinto e sexto posto; os subcampións de cada grupo enfrontaranse polo terceiro e cuarto posto. E finalmente, ás 18:30 horas, os vencedores de cada grupo xogarán para coñecer ao gañador deste trofeo.
Grupo A
No grupo están encadrados os seguintes equipos: Virgen de Europa Madrid; Yo jugué balonmano Atlético Valladolid; Corvera e Lalín.
Grupo B
O grupo B está conformado por: Veteranos Ourense; La Salle Valladolid; Veteranos Andebol Aveiro e La Muralla Zamora.