Un vehículo saiuse da vía no cruce entre Emilia Pardo Bazán e a rúa da Canle, batendo coa base da escultura.

O Concello reporá a estatua de Xosé Cid danada por un accidente

A escultura de Xosé Cid, colocada nunha isleta na confluencia das rúas Emilia Pardo Bazán e Canle, será reposta polo Concello de Ourense no seu lugar habitual logo de que, este xoves, se vise afectada pola saída de vía dun vehículo.

Eran as once e cuarto da mañá cando un Peugeot 106 saiuse da rúa Emilia Pardo Bazán alcanzando a zona axardinada da rúa da Canle e batendo lateralmente coa base da escultura.

Aínda que nun primeiro momento non se detectou dano ningún na escultura, detectáronse deficiencias na base sobre que se asenta. Unha vez reforzada a base de formigón, a obra de Cid Menor, datada en 1986 e que pasou moito tempo na praza de Paz Nóvoa, será reposta coa maior brevidade posible.

Cid Menor é tamén autor da estatua a Eduardo Blanco Amor nos xardíns de Bispo Cesáreo