Jesús Vázquez Abad vén de ser proclamado candidato oficial á presidencia do comité executivo do Partido Popular de Ourense, logo da reunión mantida pola comisión organizadora do congreso, que validou un total de 168 avais á candidatura de Vázquez Abad.
A comisión, seguindo o regulamento do congreso, analizou tamén os espazos existentes na cidade e que se axeitaran ás necesidades de organización da asemblea, escollendo como escenario o auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, na rúa Pablo Iglesias en As Lagoas.
Tamén no ámbito organizativo acordouse o horario do congreso, que comezará ás nove da mañá coa acreditación dos compromisarios, estando prevista a constitución da mesa do congreso unha hora máis tarde e o inicio do acto de clausura cara as doce e cuarto do mediodía.
Por último, a comisión aprobou a proposta da mesa do congreso, que estará integrada por Manuel Cabezas como presidente, Daniel Barata como vicepresidente, Eugenia Díaz Abella como secretaria e María Antonia Rilo e Roberto Bermúdez como vocais.