Ante as innumerables queixas dos veciños da rúa Mercado e arredores, e estando en execución agora mesmo as obras de mellora de dita rúa incluídas na 1ª fase do Plan de Inversións elaborado polos goberno socialista no 2015, o PSOE reclámalle ao alcalde que “se proceda a eliminar as barreiras arquitectónicas en dita rúa, xa que se están a acondicionar as beirarrúas sen acometer os rebaixes para persoas de mobilidade reducida, carriños de bebés, etc. co grave prexuízo que esto ocasionaría nun futuro”.
Os socialistas denuncian, de novo, que este tipo de situacións veñen derivadas do “afán de protagonismo do alcalde e do presidente da Xunta, con fins claramente electoralistas, facendo obras sen previsión e sen atender o máis importante: as necesidades das persoas”.