Ante o anuncio realizado nos últimos días polo alcalde de Ourense en relación á Banda Municipal, adiantando que ían a axilizar o prego do concurso, “despois de 9 meses de contradicións sobre manter un convenio ou sacar a concurso, nas que se cuestionaba o recorte do importe polo cal sairá a concurso supostamente alegando o Concello que tiñan que satisfacer débedas da Concellería de Cultura, e invitando supostamente o propio alcalde aos membros da Banda a acudir aos xulgados para acadar o que desexan”, explican os socialistas, dende este grupo municipal denuncian que o Concello “requisase os instrumentos da Banda en dependencias municipais nun momento no que non existe relación contractual entre ambos”, reclaman.
Por iso, o PSOE vén de presesntar unha solicitude dirixida ao alcalde “preguntando por que foi retirado e gardado o material da Banda Municipal de Música por parte do Concello de Ourense”, e instan ao goberno popular “a que desbloquee dunha vez a situación” e que “en caso de que saia a concurso, o procedemento de contratación se leve a cabo coa maior transparencia posible”