O Ourense Provincia Termal ten todo preparado para os playoffs que comezan este mesmo venres no Plantío contra Burgos.

Todo listo para os playoffs

Os partidos desta primeira eliminatoria disputaranse o venres 22 de abril (21 horas) e domingo 24 (19:15 horas) en Burgos; o xoves 28 de abril (21 horas) e domingo 1 de maio (19 horas) en Ourense e o martes 3 de maio (horario por determinar) novamente en Burgos. O cuarto e quinto partido en caso de ter que disputarse.

O club fletará autobuses para os dous primeiros encontros en Burgos (venres e domingo). Como mínimo terán que anotarse 30 persoas, e antes do xoves ás 21 horas, nas oficinas do club ou no teléfono 988 100 001.

O bus ida e volta custa 25 euros cada día. O prezo das entradas será de 18 euros (xeneral); 12, xoven e 8 infantil. Tamén haberá un bono, para os dous encontros, de 30, 20 e 12 euros, para xeneral, xoven e infantil, respectivamente.

Abonos
Para os partidos no Paco Paz o club puxo a disposición dos feccionados os seguintes prezos:

A opción C é para os que queren un abono para todas as liminatorias (en caso de  chegar á final). Os socios pagarán 20 euros (xeral); 10 euros (xoven) e 3 euros (infantil). Os non socios deberán pagar por este bono 40, 20 e 5, para público xeral, xoven e infantil, respectivamente.
Quen se queira acoller a esta opción deberán facelo antes das 21 oras deste venres 22 de abril.

A opción P é para pagar partido a partido. Os socios do club pagarán para a primeira e a segunda eliminatoria o mesmo prezo que son: 12 euros para todos os partidos da eliminatoria ou ben 10 euros por partido (en caso dos maiores); 7 o abono ou 6 euros por partido (os mozos) e 1 euros por partido os infantís. Para a terceira eliminatoria (a final) o prezo será de 18 euros o abono e 12 a entrada sénior; 10 e 7, para os xóvenes e 2 euros a entrada infantil.
Para os non socios a primeira e segunda eliminatoria terán un prezo de 15, 8 e 2 euros (sénior, xoven e infantil) por partido; e de 20, 12 e 5 (sénior, xoven e infantil) para cada partido da terceira eliminatoria.