O día 22 de abril para celebrar o Día Internacional do Libro (23 de abril) a Biblioteca do Museo Etnolóxico xunto a 55 Bibliotecas de Museos e Centros de Arte de toda España participa nunha liberación conxunta de libros, procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, e coa intención de que quen os recolla, goce da súa lectura e volva liberalos noutro punto distinto do mundo. Os libros conterán as instrucións necesarias e estarán rexistrados na páxina da internet de Bookcrossing para facilitar a quen encontre o libro a súa participación na campaña e axude aos libros a viaxar.
Este ano a Biblioteca do Museo Etnolóxico vai deixar libres once libros polos paseos, sendas, vieiros e carreiros da Comarca do Ribeiro e da cidade de Ourense. Cada ano por estas datas propóñenche o mesmo xogo: se atopas un destes libros nun nun sitio público, goza con el todo o que queiras, despois volve a deixalo libre noutro sitio público para que máis xente poida gozar con el.