Dous filmes, que se proxectarán na Casa da Cultura os luns día 25 de abril e día 2 de maio, compoñen a programación de primavera en Verín pertencente o circuíto de exhibición cinematográfica Cinemas de Galicia. O vindeiro luns día 25 de abril, con pases ás 18:30 é ás 20:30 h, proxectarase, na versión dobrada ao galego, a película “O noso último verán en Escocia” e o 2 de maio, no mesmo horario, exhibirase o filme “Phoenix”.
No filme, titulado orixinalmente “What we did on our holiday”, Rosamund Pike («Perdida», «Mejor otro día») e David Tennant («Broadchurch» e «Doctor Who») encarnan a unha parella de Londres recen separada que vai cos seus fillos a Escocia para celebrar o aniversario do avó que está doente.
O luns 2 de maio, con pases ás 18:30 e ás 20:30 h, exhibirase o filme “Phoenix”, premio Fipresci no Festival de San Sebastián, que presenta o drama dunha supervivente de Auschwitz, Nelly (Nina Hoss) que retorna a Berlín coa cara desfeita. Nelly quere recuperar o seu pasado, inquirir se o seu amor foi unha farsa e se o seu esposo a traizoou.