A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Laza, José Ramón Barreal, para coñecer as preocupacións e necesidades deste concello ourensán. Un dos temas abordados foi a dinamización do rural a través do impulso das concentracións parcelarias, que no caso de Laza o único proceso de reestruturación aberto está en fase de acordo firme e afecta a unha superficie de 3.272 hectáreas.
Neste senso, a conselleira indicoulle ao rexedor que este ano o departamento autonómico destinou para este 2016 un total de 22 millóns de euros para seguir avanzando nos 137 procesos abertos en Galicia. No caso concreto de Laza, xa van investidos máis de 4,3 millóns de euros e espérase seguir avanzando este ano coa acta de reorganización, última fase administrativa da concentración parcelaria.