A Unión Deportiva Ourense recibe, no estadio do Couto, este domingo ás 17:30 horas ao Leiro.

Partido para seguir sumando

O Leiro é o próximo rival dos homes de Antonio Dacosta, un equipo que ten asegurada a permanencia na Segunda Rexional e que está disputando os cuartos de final da Copa Deputación B.

O partido ten a única historia de ver se os unionistas continúan cunha racha que os levou a vencer nos últimos 20 partidos de Liga. Diante un Leiro sen urxencias tentará ser o equipo que rompa con esa dinámica.

Firmas
Duranta o partido haberá dúas mesas (unha en cada porta do estadio) para recoller firmas para que se cree en Ourense un centro de xestión pública para persoas maiores de 21 anos con discapacidade; Ourense é a única provincia das catro galegas que non conta cun centro destas características. A iniciativa corre a cargo da Asociación de pais e nais de alumnos do centro de educación especial Miño, de Velle.

Libro
Con motivo do Día do Libro a directiva decidiu por á venda o libro «Ourense somos nós. O ano da Unión» ao prezo de 10 euros. Normalmente o custe é de 15 euros pero para ese día farán unha rebaixa que deixará o prezo en 10 euros; esta oferta soamente estará vixente durante este domingo.

Mellores de marzo
O venres os xogadores Paloma e Jorge recibiron o premio de mellores xogadores do mes de marzo. O acto de entrega foi no Restaurante Abadía; Jorge o ofrecerá ao público antes do encontro contra Leiro, Paloma non poderá ofrecelo porque estará a xogar en Pontevedra co equipo feminino da Unión.