A asociación ecoloxista Amigos da Terra informa de que se están a producir a poda e «decapitación» de diversos arbores exemplares de plataneiros de sombra (Platanus hispánica), no tramo urbano da estrada que comunica a cidade de Ourense con Oira propiedade da Deputación de Ourense. Estas podas supoñen «unha total demostración de falla de sensibilidade, de falla de políticas medio ambientais axeitadas, e de falla de respecto cara o patrimonio arbóreo... xa que as podas estanse a realizar en plena primavera e movemento de savia das arbores, fora da época recomendable segundo os manuais básicos de arboricultura», denuncian os ecoloxistas
Tampouco se pode e xustificar como se están a deixar ás árbores coma se foran «árbore farol ou tótem indíxena norteamericano»e producindo o estrago do patrimonio natural da cidade. «As árbores nas cidades, como ser vivo que son, precisan de coidados, de tratamentos axeitados, de seguimento anual do seu estado e necesidades, de curas de selo caso…», recordan.
Dende Amigos da Terra solicitan a paralización da poda destas árbores e que se apliquen medias para protexer a saúde das árbores mediante a aplicación de pasta cicatrizante e funxicidas para evitar a seca de ditas árbores.