A Axencia Turismo de Galicia promove a celebración desta actividade nas cinco Rutas dos Viños de Galicia.

V Xornadas de Portas Abertas nas adegas do Ribeiro

A Ruta do Viño do Ribeiro presenta, para a V edición destas Xornadas de Portas abertas, un programa repleto de actividades enoturísticas para todos os públicos, e continúa un ano máis co  ViñoBus da Ruta do Viño do Ribeiro.

As Xornadas celebraranse os días 21 e 22 de maio durante os cales as persoas participantes poderán visitar as adegas adheridas á  Ruta do Viño do Ribeiro e degustar os seus viños; gozar de experiencias enogastronómicas cos menús especiais que ofrecen oss nosos restaurantes; descansar entre viñedos; visitar a Reitoral de Santo André de Camporredondo, sede do futuro Museo do Viño de Galicia; e participar nunha ruta comentada por bares e tabernas emblemáticas con encanto de Ribadavia.

ViñoBus

Ademais, a organización das V Xornadas de Portas abertas quere repetir a experiencia co  ViñoBus xa que este recurso facilita e promove a participación de público potencialmente interesado. Como novidade, destaca o punto de partida de cada ruta, se ben, a de Ourense e Vigo xa existían na pasada  edición, esta última incorpora parada en A Cañiza, nas V Xornadas ofrécense rutas dende Santiago de Compostela, con parada en O Carballiño e dende a cidade de Lugo.

O servizo de ViñoBus, igual que as visitas ás adegas e á Reitoral son totalmente gratuítas aínda que é preciso a reserva de praza.

Deste xeito, o sábado día 21 a partir das 19:30 e o domingo 22 a partir das 13:00, no Centro Social de A Madalena, de Ribadavia o público xeral poderá degustar máis de vinte marcas de viño das bodegas participantes na Xornada ambientado por un grupo musical.

Para finalizar o programa, os participantes terán a oportunidade de gañar premios publicando na páxina de Facebook da Ruta do viño do Ribeiro as súas fotografías desta V Xornada de Portas abertas.

Para realizar a reserva de praza nestas actividades poden facelo nos teléfonos 988477100 e 606226291, ou en  ruta@rutadelvinoribeiro.com.