O Concello de Ourense reparará a escultura de Xosé Cid sita no Parque Miño, que foi obxecto de actos vandálicos que afectaron tanto ao pedestal como á propia obra, que foi derrubada e deteriorada con pintadas.
A escultura do artista ourensán foi retirada antonte do parque pola brigada municipal de Medio Ambiente e trasladada ás dependencias do Concello no Campo da Feira.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, informou do sucedido a Xosé Cid, comunicándolle que o Concello custodia a obra en dependencias municipais, convidándoo a supervisar os traballos de reparación, que se realizarán seguindo as súas indicacións, para a posterior recolocación no Parque.