O inicio das obras da posta en valor da ponte Romana e o conflicto laboral en Linorsa, temas de portada no número de abril de Ourense por Barrios.
No interior da publicación, prestamos atención ao pleno extraordinario solicitado por DO para pedir a dimisión do alcalde, que non prosperou. Tamén aos moitos anuncios de obras e investimentos das últimas semanas: 60.000 euros para Montealegre, 300.000 para a ponte Vella, e 1,5 millóns para dous novos viais de acceso á ampliación do CHUO.
Amáis, informamos da recollida de firmas en apoio á creación dun centro para persoas con discapacidade, dos datos do Observatorio Económico do Inorde para a comarca de Ourense, e da aprobación do Grao de Enxeñaría Aeroespacial para o noso campus.
Neste número incluímos tres entrevistas: seguindo co repaso aos concelleiros, falamos con Jorge Pumar, edil de Servizos Sociais e Promoción Económica; no apartado de asociacións de veciños, Inma Freijeiro, da AVV O Barrio achéganos a realidade desta parte da cidade, ubicada entre San Francisco e A Inmaculada. E finalmente o poeta Luís Ahijado preséntanos a terceira parte da súa triloxía, «La sonrisa que te debo».
No apartado deportivo prestamos atención ao COB, que xoga o playoff, no eido cultural, á festa dos Maios e no ocio, ao 5º concurso de pinchos de primavera. Un especial Saúde, as imaxes dos mes e os artigos dos nosos colaboradores son outros dos contidos da publicación.
Podes consultar online o Ourense por Barrios de abril neste enlace.