Reinaugurou o campo de fútbol da localidade e unha rúa levará o seu nome.

Vicente del Bosque, en Maceda

O seleccionador nacional de fútbol Vicente del Bosque estivo este mércores 27 en Maceda. Os motivos foron varios. O seleccionador realizou unha visita á casa consistorial para firmar no libro de honra. Posteriormente descubriu unha praca dunha rúa céntrica da vila que levará, dende agora, o seu nome. Despois foi o encargado de cortala cinta que inauguraba o remodelado campo Cardenal Quiroga, que pasa de ser de area a herba tras un investimento de 360.000 euros.

Escolares
No acto de inauguración do campo presentes un milleiro de escolares de Maceda e arredores. Todos entusiasmados coa presenza de tan ilustre personaxe. Algún deles tiraron de inxenio para pedirlle facer unha foto.
Charla
A apretada axenda marcada levouno ata o Castelo de Maceda, onde ofreceu unha charla a adestradores galegos. A homenaxe rematou cun xantar.
Non faltaron a esta cita políticos locais, como o alcalde de Maceda -Rubén Quintas-, o presidente da Deputación de Ourense -Manuel Baltar- ou mesmo o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta -José Ramón Lete Lasa-.

Selección
Con Vicente del Bosque no banco a selección española acadou o Mundial de Sudáfrica 2010 e a Eurocopa de Polonia e Ucraína. O seleccionador xa avisou de que a Eurocopa de Francia será a última vez que dirixa a España.
En canto aos convocados, o salmantino dixo que aínda non perfilara a listas de xogadores que comformarán o combinado nacional.