O Centro de Coñecemento municipal La Molinera segue ampliando a súa oferta de actividades de divulgación das novas tecnoloxías coa actividade “Pon un negocio en Internet”. Será un itinerario de accións formativas eminentemente prácticas onde as persoas participantes descubrirán os elementos chaves para levar productos e servizos á rede.
Serán catro sesións diferentes: o 10 de maio, de 16.00 a 20:00h: «Coñece os pormenores de montar unha tenda en liña», o 9 de xuño: «Queres crear unha web? Comeza con WordPress», o 14 de xuño: «Marketing dixital para captar e fidelizar os nosos clientes» e o 21 de xuño: «Quen visita a túa web? A resposta con Google Analytics»
As actividades están organizadas por Concello de Ourense, dentro da programación de La Molinera, con Amtega, Xunta de Galicia e Unión Europea: Fondos FEDER.
Están dirixidas a persoas autónomas, profesionais, integrantes de pemes, e en xeral, todas aquelas que desexen pór en marcha un proxecto de comercio electrónico. Non son necesarios coñecementos técnicos previos para participar nestas sesións. As actividades amosarán cunha visión prática e real como levar a cabo desde cero un proxecto de comercio electrónico e cales son os factores principais a ter en conta para poñelo en marcha.