Este concello acollerá dúas probas atléticas durante o mes de maio.

Barbadás co atletismo popular

O Concello de Barbadás únese a febre do atletismo e acollerá para o mes de maio dúas probas: o I Castro Trail de Barbadás e a I  Carreira popular A Valenzá.

Castro Trail
Por unha banda o I Castro Trail de Barbadás será o domingo 8 de maio. Esta proba, que se disputará en Sobrado do Bispo, ten na súa primeira edición dúas opcións a elexir: un trail, de 22 quilómetros con saída ás 9:30 horas, ou unha andaina, de 17 km e saída ás 9 horas.
Con saída e chegada na praza do San Xoan, transcorre principalmente polo coñecido monte do Castro, pasando pola súa famosa torreta de vixilancia forestal, punto máis alto do percorrido que atravesa pistas forestais, sendeiros e algún que outro cortalumes.
Para compatibilizar ocio e deporte coa conciliación familiar instalaranse na Praza de San Xoán hinchables para que “os participantes poidan poidan gozar da carreira e da andaina”. Esta actividade estará supervisada por un monitor.
Esta actividade deportiva está organizada por Castro Trail.

A Valenzá
Pola outra banda, o sábado 28 de maio terá lugar a I Carreira popular A Valenzá organizada por C.A. Maratón Barbadás. A inscrición, que tamén será a través de cronotec.es ten a súa data límite o 24 de maio -ás 24:00 horas-. O prezo para a inscrición na categoría absoluta é de catro euros; para o resto de categorías a participación será de balde.
Cinco son as carreiras que se disputarán: biberón, 100 metros; benxamín, 400 metros; alevín e infantíl, 1.000 metros; cadete, 2.000 metros e absoluta 7.000 metros. As probas comezarán ás 18:30 h e rematarán ás 19:45  horas coa saída da categoría absoluta.
A saída e meta das distintas carreiras estarán situadas na avenida de Celanova.