Por terceiro ano consecutivo o colexio Cardenal Cisneros organiza a súa “Convivencia de atletismo”. Tratando o deporte como un piar básico na educación chegan a esta terceira edición na que o atletismo, e os seus valores, son os protagonistas.
A data será o 13 de maio e o lugar as pistas de atletismo de Monterrei (Pereiro de Aguiar).
Na xornada poderán participar a comunidade educativa do centro, alumnado, profesorado e resto de persoal laboral ademais de familiares e empresas colaboradoras.
Categorías
As categorías que daranse cita neste evento son: pitufos, educación infantil -categoría conxunta-; kids I, 1º nivel educación primaria (masculino e feminino); kids II, 2º nivel educación primaria (masculino e feminino); youngs I, 1º ciclo educación secundaria obligatoria (masculino e feminino); youngs II, 2º ciclo educación secundaria obligatoria (masculino e feminino); teachers, profesores e traballadores (masculino e feminino) e familiares, familiares e acompañantes (masculino e feminino).
Probas
As probas que se realizarán son as de salto de lonxitude, lanzamento de peso, 50 metros, 100 metros, 200 metros, 400 metros, 4×100 relevos e 800 metros.
Cada participante poderá anotarse nun mínimo de dúas probas e un máximo de cinco.
Despois terá lugar a entrega de premios. Xa pola tarde e tralo xantar poderán practicar xogos como o tenis ou fútbol sala.