O grupo de goberno do Concello de Barbadás decidíu rebaixar os valores catastrais dos bens inmobles urbanos un 8%. Segundo informaron, esta rebaixa é posíble debido ao coeficiente de actualización dos valores catastrais que a Dirección Xeral do Catastro propón incorporar para adaptar a valoración catastral actual aos valores de mercado. Para o concello de Barbadás este coeficiente de actualización é de 0,92. Esta actualización dos valores catastrais, voluntaria para os concellos, foi solicitada á Dirección Xeral do Catastro para ser incorporada e efectos tributarios para o ano 2017.
Para Xosé Manoel Fírvida, concelleiro de Facenda, esta rebaixa supón adaptar os valores catastrais ao 50% do valor de mercado, e permitirá un aforro para as familias do concello, que verán reducida a súa tributación por IBI nun 8% no ano 2017.
Este esforzo tributario faise pensando nas familias do concello, para compensar a ponencia de valores realizada no ano 2007 e que supuxo un incremento considerable nos valores catastrais, que está sendo aplicado durante 10 anos e que remata precisamente no ano 2017.
Para Fírvida esta rebaixa é posíbel porque o concello conseguíu axustar o gasto público ás prestacións de servizos e o sosteñemento das dotacións públicas que o concello de Barbadás ten e agarda un reparto máis xusto da participación de ingresos do estado que teña en conta as dificultades e peculiaridades propias dos concellos galegos para prestar estes servizos.