A Xunta de Goberno local deste xoves deu conta dun decreto asinado pola concelleira delegada de Cultura, Belén Iglesias, no que resolveu aprobar o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, a banda de música para o Concello de Ourense, coa correspondente aprobación das cláusulas administrativas e técnicas, declarando expresamente que o contrato ten un importe de 240.000 euros anuais, IVE incluido.
O prezo fixado inclúe todos os gastos que deban realizar para o normal cumprimento das prestacións contratadas: equipamento, instrumentos (coa única excepción dos de percusión, atrís, cadeiras, etc..) e desprazamentos (coa única excepción dos realizados fóra da provincia).
A duración do contrato será de 2 anos, prorrogable anualmente ata dous anos máis, cun máximo de duración total de 4 anos.
Este procedemento realízase mediante decreto da concelleira delegada de Cultura porque tal e como recolle a acta de delegación de competencias de XGL do 20 de agosto de 2015, en materia de Cultura existe a potestade xurídica de tramitar e adoptar acordos nos expedientes de contratos de natureza artística, como é o caso.
Os concertos da banda de música realizaranse nos lugares indicados pola Concellería de Cultura, o departamento de Protocolo ou a propia Alcaldía. Poderán ser na propia rúa, en palco de música ou en edificios que reúnan as condicións mínimas para unha actuación musical, tanto no propio término municipal como fóra do mesmo.
O contratista quedará obrigado a un número mínimo de 45 actuacións anuais, e un persoal mínimo de 40 músicos e un director de banda. Ademais, deberán realizar un concerto quincenal, como mínimo, dentro do término municipal de Ourense, dacordo ao calendario fixado pola Concellería de Cultura, colaborar de xeito directo coa Concellería, Alcaldía e Protocolo, para o que bastará cunha comunicación cunha antelación mínima de 72 horas, realizar actuacións con carácter esporádico, fóra do término municipal, comunicándoas cunha antelación mínima de 15 días, e se lles permitirá aos alumnos do Conservatorio e da Escola Municipal de Música que participen dos ensaios e actividades que organice a banda, outorgándolles preferencia para futuras incorporacións ao seu cadro.
Por último, no tocante á presentación de ofertas de ofertas, abrirase un prazo de 15 días unha vez que se publique no DOG e no BOP.
Críticas de Democracia Ourensana
Coñecido este expediente, Democracia Ourensana emitiu un comunicado no que taña de «desatino» do Concello o prego do concurso para a banda de música. Opinan que «con 5.000 o 8.000 euros por actuación, se podría traer cada fin de semana una orquesta de verbena que atraría a miles de personas. Con 5.000 ó 8.000 € euros por actuación, se podría cada semana, traer al mejor grupo de jazz europeo o americano a Ourense».
Engade DO que «con una fracción de lo que se destina a la banda» poderíanse pagar os gastos comunes que impiden abrir a Praza de Abastos da Ponte.