A Asociación Veciñal As Termas, situada na urbanización de vivendas sociais xunto á estación de autobuses, rexistrou este luns a petición ao Concello de Ourense de reforzar a sinalización en varios pasos de peóns da zona que teñen a pintura case invisible. Os pasos de peóns afectados sitúanse, no cruce da rúa San Pedro Mezonzo coa Rúa Euloxio Gómez Franqueira, no cruce da Rúa San Rosendo con San Francisco Blanco e no cruce da Rúa Beato Sebastián con Euloxio Gomez.
A maiores solicitan varias reparacións en distintos tramos das Rúas Gómez Franqueira e San Rosendo das que recibiron queixas dos veciños por lousas rotas que xa teñen provocado caídas.
Dende a Asociación Veciñal As Termas, o presidente Ángel Gómez sinala: “son pequenas cuestións de mantemento que nos trasladaron varias veciñas e veciños; a maiores temos a intención de convocar proximamente unha Asamblea abertas as veciñas e veciños para priorizar as necesidades do barrio e trasladarllas ao Concello de cara a próximo Plan de Inversións”