No Campionato Autonómico Open Comunidad de Madrid

Sete medallas para o Club Ximnasia Pavillón en Madrid

O equipo de trampolín do Club Ximnasia Pavillón regresou do Open da Comunidade de Madrid con sete medallas. A mais pequena da expedición, Marta Rodríguez Cancio, de tan só 10 anos obtivo a medalla de bronce en trampolín sub-15.

O equipo de trampolín do CXP foi invitado pola Federación Madrileña para participar no Open da Comunidade de Madrid onde participou xunto con 11 ximnastas do equipo de elite. O sábado 14 de maio desprazáronse ao Pavillón Cerro Buenavista logrando un total de sete medallas.

María Salas (14 anos) foi primeira en trampolín (TR) e dobreminitramp (DMT) (categoría sub 15); Lucas Domuro (16 anos) tamén fixo dobrete en coa primeira posición en TR e DMT na categoría absoluta masculina; Diego Feijoo (17 anos) logrou a terceira posición en trampolín masculino absoluto; Noa Puente-Dod, terceira en DMT feminino sub 15 e Marta Rodríguez, terceira en trampolín sub 15.

Vigo
No vindeiro mes de xuño os días 4 e 5 disputarán en Vigo o Campionato de Galicia de Trampolín.